ciencias

5/19/2017

ACTO HOMENAXE CARLOS CASARES E A SÚA OBRA "A GALIÑA AZUL"

O venres 19 de maio houbo un pequeno acto-homenaxe ao escritor, Carlos Casares, e a súa obriña A GALIÑA AZUL. Para iso, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria realizaron unha dramatización adaptada desta obra, con canción incluída. Uns grandes artistas temos no Caselles!
Só tedes que comprobalo no video!

Obra e letra da canción para a dramatización:



Pero, o resto do colexio, dende as súas aulas tamén traballaron en relación con este escritor.  Concretamente, os nenos e nenas de 5º de Primaria realizaron esta presentación sobre o homenaxeado.





Logo, desta actuación, tivemos o pracer de contar con ANXO MOURE,  o  contacontos fixo alusión ao noso río Miño, a Carlos Casares, ó mundo da reciclaxe, ó amor polos libros, ..... e o máis importante, a súa transmisión e o bo rato que fixo pasar aos nenos e nenas do Caselles.
Agradecer á nosa ANPA o marabilloso agasallo que nos fixo con esta actuación!



Aquí tedes as fotos da xornada deste venres 19:
FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario